bronquite

< bronquio + -ite
  1. f PAT Inflamación aguda ou crónica dos bronquios, causada habitualmente por axentes infecciosos ou irritantes, físicos ou químicos. A súa orixe está nos axentes infecciosos ou na inhalación de produtos irritantes, sobre todo tabaco.
  2. bronquite verminosa VETER Enfermidade do aparato respiratorio que afecta ao gando bovino, ovino e cabrún novo que pace en ambientes húmidos. Está causada por un nematodo (Strongylus fileria) que penetra nos bronquios e provoca unha inflamación.