breviario

< lat breviarĭu ‘compendioso’
  1. m Libro da liturxia da igrexa católica romana que contén os textos do oficio divino ou liturxia das horas.
  2. m Resumo en que se contén o esencial doutro texto moito máis amplo.
  3. m Libro que se le moito ou se consulta constantemente.
  4. m GRÁF Carácter de letra ampla de nove puntos que se usa nos breviarios.

Sinónimos

Citas

  • Este libro é un breviario da Eneida
  • Os camiños da vida de Otero Pedrayo era o seu breviario