acredor -ra

< lat ad + credĕre ‘dar fe’
Pliral: acredores Masculino: acredor Masculino plural: acredores Femenino: acredora Femenino plural: acredoras
  1. adx Aplícase á persoa coa que se contrae unha débeda. Tm s, referido a persoa. 
  2. adx Que merece algo.

Citas

  • O compañeiro que se xubilou foi acredor do noso recoñecemento
  • Ten tantos acredores que non pode saír tranquilo da casa, No xuízo presentáronse todas as entidades acredoras da empresa do meu pai

Formas incorrectas

acreedor -ra