branqueo

< branco
  1. m Acción e efecto de branquear.
  2. m IND/ARTE Baño químico que se emprega para eliminar a totalidade ou unha parte dunha imaxe, que se utiliza no revelado de películas e na preparación de copias para darlles tons axeitados.

Citas

  • Coa entrada do euro será máis difícil o branqueo do diñeiro
  • Para o branqueo dos muros hai que usar cal, como antigamente
  • Para poder comer a endivia é preciso sometela ao branqueo na horta