bovino -na

< lat bovīnu
Pliral: bovinos Masculino: bovino Masculino plural: bovinos Femenino: bovina Femenino plural: bovinas
  1. adx Relativo ou pertencente aos bovinos.
  2. m ANIMAL Mamífero da subfamilia dos bovinos.
  3. m ANIMAL Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado, con fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e barbela. Foron empregados polo ser humano desde antano como animais domésticos.
  4. gando bovino Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos que se adaptan a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada.

Palabras vecinas