bouta

< emboutar
  1. f Capa de fariña que se pega á caixa do muíño, entorpecendo o movemento da moa.
  2. f Cotra que se adhire á roupa pola súa parte interior.
  3. f Mestura de bosta disolta en auga e outros elementos que se estende sobre a eira co fin de endurecer o solo no tempo da malla e evitar o po.