"Denina" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 15.

  • Base purínica constituínte da adenosina e, por tanto, de numerosas substancias de grande importancia bioquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido resultante da combinación dunha molécula de β-D-ribosa e dunha de adenina. O nucleótido correspondente é o ácido adenílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mononucleótido constituído pola asociación da adenina e o ácido fosfórico, que actúa como regulador alostérico das principais vías metabólicas.

    2. Forma cíclica do ácido adelítico, que fai a función de regulador de procesos metabólicos en bacterias e en animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior dalgunha cousa onde esta descansa sobre o seu soporte.

    2. Parte máis importante que constitúe ou intervén nunha determinada cousa.

    3. Feito ou cousa que orixina algo ou que constitúe o seu principio.

    4. Conxunto de membros efectivos dunha organización formal que non ocupan cargos burocráticos nin directivos.

      1. Parte dun órgano que se une a outro máis céntrico.

      2. Zona próxima á unión co tórax, nas ás dos insectos.

    5. Parte inferior da columna.

      1. Complexo de instalacións destinadas ao cumprimento de determinadas misións militares ou científicas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do coencima dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun encima pero facilmente separable deste sen destruílo. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo.

    2. Dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    3. Fosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.

    4. Coencima das reaccións encimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas.

    5. Catalizador bioquímico de oxidación-redución. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. OBS: Tamén se denominan ubiquinonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido portador da información xenética que se localiza no núcleo como compoñente fundamental dos cromosomas e tamén noutros orgánulos, como son as mitocondrias ou os cloroplastos. Está constituído por dúas longas cadeas dispostas en dobre hélice, de desoxirribonucleótidos unidos covalentemente por pontes 3’,5’-fosfodiéster; a cada unidade de desoxirribosa vai unida unha base nitroxenada que pode ser: adenina (A), timina (T), citosina (C) ou guanina (G), e que son as portadoras da información xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coencima orgánico que actúa en reaccións de oxidación-redución. OBS: Tamén se denomina dinucleótido adenina-nicotiamida (NAD).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinucleótido de flavina e adenina constituído por unha molécula de riboflavina fosforilada e un AMP. É o grupo prostético da maior parte das flavoproteínas, e intervén en varias reaccións de oxidación-redución.

    VER O DETALLE DO TERMO