"teutón" (En toda a entrada)

Amosando 4 resultados de 4.

    1. Relativo ou pertencente aos ambróns.

    2. Individuo dun pobo xermánico que, xunto cos teutóns e os cimbros, penetrou no Mediterráneo durante o s II a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo xermánico dos cimbros.

    3. Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).

    4. Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo teutón.

    2. Individuo do pobo teutón.

    3. Pobo xermánico que habitaba na costa occidental de Slesvig (s IV a C) e chegou a Bohemia, onde os rexeitaron (120 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos teutóns.

    VER O DETALLE DO TERMO