"pterido" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 10.

    1. Relativo ou pertencente aos balenoptéridos.

    2. Mamífero da familia dos balenoptéridos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprende diversas especies do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caitoniais.

    2. Planta da orde das caitoniais.

    3. Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron durante o Mesozoico, de follas palmicompostas e folíolos lanceolados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadofilicais.

    2. Planta da orde das cicadofilicais.

    3. Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron entre o Devónico Superior e o Xurásico Inferior, e que reunían caracteres morfolóxicos dos fentos eusporanxiados e das ximnospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cicloptéridos.

    2. Peixe da familia dos cicloptéridos.

    3. Familia de peixes mariños á que pertence o roncador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tipo de cuberta que, cunha superficie semiesférica xerada pola rotación dun eixe central, cobre unha planta constituída por un cilindro ou un polígono de moitos costados.

      2. Cúpula levantada sobre unha base circular e dividida en elementos independentes que teñen curvada a súa base.

      3. Cúpula construída pola superposición de fiadas.

    1. Conxunto de persoas que teñen ao seu cargo a dirección dalgunha organización.

    2. Parte do froito das fagáceas que envolve a base do aquenio.

    3. Arilo de teixo.

    4. Envoltura que nas pteridospermas inclúe unha ou máis sementes.

    5. Parte alta de certos órganos e estruturas anatómicas.

    6. Pequena protuberancia que se separa do corpo principal dunha intrusión ígnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fenicoptéridos.

    2. Ave da familia dos fenicoptéridos.

    3. Familia de aves da orde dos fenicopteriformes á que pertence o flamengo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás prefanerógamas.

    2. Planta do grupo das prefanerógamas.

    3. Grupo de espermatófitas primitivas ás que pertencen as clases das pteridospermas e as ordes das cordaitais e das ginkgoais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pteridófitas.

    2. Planta da división das pteridófitas.

    3. División de plantas cormofíticas e arquegoniadas que presentan alternancia de xeracións, con predominio da fase diploide. O gametófito haploide, ou prótalo, é pequeno, taloso e de vida curta. O esporófito diploide ten a epiderme revestida dunha cutícula, e as súas células teñen cloroplastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pteridospermófitas.

    2. Planta fósil da clase das pteridospermófitas.

    3. Clase de ximnospermas fósiles que viviron desde o Devónico ata o Cretáceo que eran semellantes aos fentos, sen verdadeiras flores, pero si con sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO