"ovai" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 30.

  • Arbusto caducifolio, da familia das rosáceas, de talos e pólas espiñosas, follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes que as follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balístidos.

    2. Peixe da familia dos balístidos.

    3. Familia de peixes mariños da orde dos tetraodontiformes de formas peculiares e xeralmente ovais. Habitan os fondos rochosos das rexións tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto asiático, da familia das estiráceas, de follas ovais e enteiras co envés de cor branca. As flores son brancas e están dispostas en acios.

    2. Preparación galénica obtida por percolación, a partir do benxuí, con alcohol de 80°C. Forma parte de diversas preparacións cosméticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Femia do can.

    2. Moeda antiga de cobre de cinco céntimos.

      1. Molusco bivalvo comestible, da familia dos escrobiculáridos, que presenta valvas finas, ovais e planas, de cor agrisada e amarela, con sucos concéntricos e irregulares na superficie.

      2. aroliña.

    3. Eiruga de certas bolboretas e coleópteros que constitúen pragas para os cultivos.

    4. Insecto, da orde dos dermápteros, que está constituída por moitas especies de corpo alongado, de cor castaña escura, e co abdome rematado en dous apéndices semellantes a unhas pinzas.

    5. Muller mala e de xenio moi vivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da familia das mimosáceas, que presenta follas compostas de dous folíolos ovais, flores amareladas e froito en legume. A súa madeira, que se emprega en ebanistaría e na industria naval, é unha resina coñecida como copal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de mobles, alfaias, roupa ou outras cousas, que achegan os noivos cando casan.

    2. Conxunto de mobles, roupa e outras cousas que son de uso corrente nunha casa.

    3. Conxunto de roupas e outras cousas necesarias para un neno que acaba de nacer.

    4. Conxunto de obxectos, tanto útiles como votivos, que aparecen xunto ao defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor entre rosa e vermella violácea, semellante á da flor da planta homónima. Tm s m.

    2. Arbusto, da familia das onagráceas, que presenta follas ovais, lanceoladas, enteiras e pecioladas, dispostas de xeito oposto ou en verticilos de tres, e flores solitarias nas axilas das follas ou en acios terminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das papilionáceas, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos.

    2. Semente desa planta.

    3. Pequeno díptero moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Animal en que se engloban varias especies de mamíferos da familia dos félidos, da orde dos carnívoros. Presenta cabeza arredondada co fociño curto e orellas redondeadas, ollos grandes con visión binocular, e pelame.

      2. Gato de coloración diversa e cola máis estreita e puntiaguda.

      3. Animal de pelame gris ou pardo, con franxas transversais escuras e cunha liña negra ao longo do dorso, cola grosa e anelada co extremo negro.

      4. Gato caseño que é bo cazador de ratos.

      5. Gato co rabo curto e de pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais.

    1. Xénero de peixes, da familia dos esciliorínidos, coa cabeza aplanada e o corpo delgado, de cor gris rosada con manchas circulares escuras.

    2. Aparato mecánico ou hidráulico, que se emprega para elevar cargas pesadas.

    3. Ferramenta que consiste nunha barra con dous saíntes, un deles móbil que se aproxima ao outro para apertar e suxeitar entre os dous algunha peza.

    4. Mamífero carnívoro, da familia dos félidos, que presenta a pelame con manchas ovais e raias lonxitudinais negras. É de costumes nocturnos, moi bo gabeador, e extremadamente áxil nas árbores, onde pasa a maior parte do tempo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta arbustiva, da familia das araliáceas, gabeadora, que presenta talo leñoso, follas pubescentes e fototropismo negativo. Os ramos floríferos terminais teñen fototropismo positivo, con follas enteiras e ovais distintas das ramas estériles.

    2. variz.

    3. Planta perenne, da familia das escrofulariáceas, rastreira e gabeadora, que presenta follas lobuladas e alternas, sen pubescencias, flores axilares e illadas de cor branca ou púrpura, e con froito en forma de casulo.

    VER O DETALLE DO TERMO