"himeno" (En toda a entrada)

Amosando 8 resultados de 8.

  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘membrana’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás himenofiláceas.

    2. Pteridófito da familia das himenofiláceas.

    3. Familia de pteridófitos, da orde das eufilicais, que presentan os esporanxios sobre un receptáculo, protexidos por un indusio e anel completo. Atópanse fundamentalmente nos bosques húmidos das montañas intertropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás himenogastráceas.

    2. Fungo da familia das himenogastráceas.

    3. Familia de fungos, da orde dos himenogastrais, que presentan basidiocarpos pechados e carnosos, hipoxeos e coa gleba con cámaras irregulares e sen capilicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • basidiolique.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos himenomicetos.

    2. Fungo do grupo dos himenomicetos.

    3. Grupo de fungos basidomicetos, da subclase dos homobasidiomicétidos, que se caracterizan pola presenza dun himenio libre e externo e porque os basidios normalmente son claviformes, teñen catro basidiósporas sobre esterigmas apicais e fórmanse a partir dun micelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos himenópteros.

    2. Insecto da orde dos himenópteros.

    3. Orde de insectos, da clase dos pterigotos, que presentan o primeiro segmento abdominal soldado no metatórax e separado do segundo segmento por unha estrangulación moi acentuada, e xeralmente dous pares de ás membranosas, as posteriores son máis pequenas que as anteriores, que están unidas por medio de ganchos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protozoo ciliado que pertence ao xénero Vorticella, da clase dos oligohimenoforios, que é común nas augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO