"fosfa" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 84.

  • Encima que hidroliza selectivamente o grupo fosfato do carbono 5’ dos mononucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluofosfato de calcio que cristaliza no sistema hexagonal e toma formas prismáticas ou tubulares. Presenta un brillo vítreo e é fosforescente ao quentarse. É a materia prima principal para a obtención de ácido fosfórico e atópase asociada a rochas magnéticas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea bienal, comestible, da familia das umbelíferas, moi cheirenta, de follas pinnatisectas e brillantes, flores abrancazadas e raíz engrosada. Ten efectos diuréticos, achega calcio, fosfato e fibra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido que deriva do difosfato de adenosina (ADP) por fosforilación. Serve de vehículo dos grupos fosfóricos e é indispensable tanto para a degradación como para a síntese do glicóxeno. Intervén no metabolismo dos glícidos e dos ácidos graxos, e na activación dos aminoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encima que cataliza a hidrólise do trifosfato de adenosina (ATP) en ácido ortofosfórico e difosfato de adenosina (ADP).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uranofosfato de calcio hidratado que cristaliza no sistema tetragonal, pero opticamente ten propiedades rómbicas. Preséntase en cristais tabulares illados ou en escamas. É dunha cor amarela verdosa e translúcida. Ten exfoliación perfecta. Presenta unha fluorescencia verde moi intensa baixo luz ultravioleta e é moi radioactiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato hidratado de aluminio que cristaliza no sistema monoclínico, de cristais brancos, amarelados ou rosados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de ferro hidratado que cristaliza no sistema monoclínico, e os cristais son de cor vermella ou marrón avermellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de berilio e sodio, que cristaliza no sistema monoclínico e é incoloro, branco ou amarelo pálido.

    VER O DETALLE DO TERMO