"ab(s)" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 24.
-
-
Teorema segundo o que para un número ε pequeno, a probabilidade P de que a diferenza entre a frecuencia f do suceso favorable nunha serie de probas e a probabilidade p de que este feito sexa, en valor absoluto, superior a ε tende a cero ao aumentar indefinidamente o número de probas. OBS: Tamén se denomina lei débil dos números grandes.
-
Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado
-
Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:
FORMULA
?? s A.dS = ??? v divA dV
O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S. -
Teorema que se basea no teorema da calor que constitúe o terceiro principio da termodinámica: ao cero absoluto de temperatura, a entropía dun corpo cristalino perfecto é nula.
-
Teorema segundo o que os tres puntos de intersección dos lados opostos dun hexágono inscrito nunha cónica determinan unha recta denominada recta de Pascal.
-
Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado que ten por lado a hipotenusa é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos.
-
Teorema segundo o que se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado
-
Teorema que establece que se tres rectas r, r e r que se cortan en O son interceptadas polas rectas paralelas S, S nos puntos A, A e A en S, e nos puntos B, B e B en S), cúmprense as seguintes relacións:
OA___ OA___ OA’’_____
______ = ______ = ______ ;
AB___ A’B’____ A’’B’’_____
OA___ OB___
______ = ______ .
AA ’ ___ BB’____ -
Teorema segundo o que se f(x) é unha función dunha variable real e derivable n veces, vén dado pola fórmula:
f(x)=f(a)+f’(a)(x-a)+ 1__ 2! f’’(a)(x-a)2+...
... + 1__n! f (n) (a)(x-a) n +R n + 1 a(x)
onde R n (x) se coñece como resto. -
Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘separación, privación, afastamento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos que se basea na presenza ou ausencia de aglutinóxenos A e B nos eritrocitos e das aglutininas anti-A e anti-B no plasma sanguíneo. O sistema AB0 clasifica os individuos en catro grupos: A, B, AB e 0.
-
-
Relativo ou pertencente aos abbásidas.
-
Membro da dinastía abbásida.
-
Dinastía árabe instalada en Bagdad. O primeiro califa foi Abū-I-Abbās al-Saffāḥ. No califato abbásida sucedéronse trinta e sete soberanos que reinaron durante cincocentos anos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción semellante a unha hidrólise, en que unha molécula AB se descompón en dous fragmentos A e B pola acción dun alcohol.
-
-
Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.
-
-
División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.
-
Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.
-
Alternancia, propia das explotacións moi intensivas, practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa.
-
-
-
Disposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.
-
Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles.
-
-
Fenómeno polo que o ciclo biolóxico completo dunha especie comprende dúas xeracións, unha sexual e outra asexual.
-
Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente aos amiritas.
-
Nome outorgado aos descendentes e protexidos de Ibn Abī ‘Amir al-Manṣūr.
-
-
-
-
Porción dunha curva.
-
Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.
-
Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.
-
Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.
-
-
-
Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.
-
Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.
-
Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.
-
Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter de ser que ten nel mesmo o principio do propio ser e que, polo tanto, non depende de ningún outro. A teoloxía aplícao a Deus, en oposición aos seres creados, que son ab alio (procedentes doutro ser).
-
-
Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.
-
Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.
-
Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.
-
Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.
-
Símbolo do bel.
-
Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.
-
Símbolo do boro.
-
Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.
-
Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.
-