"Veracruz" (En toda a entrada)

Amosando 6 resultados de 6.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo mazateca ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mazateca.

    3. Pobo amerindio que habita a rexión de Oaxaca, preto do estado de Veracruz.

    4. Lingua amerindia que falan os mazatecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mixe ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mixe.

    3. Pobo indíxena de América que se estende polos estados mexicanos de Oaxaca e Veracruz. Ten diversas tribos e a subtribo dos popoloques.

    4. Lingua amerindia que pertence ao grupo amerindio setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas mixe-zoque.

    2. Familia das linguas mixe-zoque.

    3. Grupo de linguas amerindias faladas polas tribos mixes e zoques que se estende polos estados mexicanos de Oaxaca, Chiapas, Tabasco e Veracruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo olmeca.

    2. Individuo do pobo olmeca.

    3. Pobo precolombino que se desenvolveu entre 800 e 300 a C na costa do golfo de México, no actual Estado de Veracruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo totonaca.

    2. Individuo do pobo totonaca.

    3. Pobo amerindio precolombino que habitaba no golfo de México ata Veracruz e Puebla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zapotecos.

    2. Individuo do pobo zapoteca.

    3. Pobo indíxena de México centromeridional que vive no actual estado de Oaxaca, e que se estende polos estados de Veracruz, Chiapas e Guerrero.

    4. Lingua otomangueana que falan os zapotecos.

    VER O DETALLE DO TERMO