"Teira" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 461.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe de corpo alongado, da familia dos gádidos, que presenta unha mandíbula inferior sobresaínte e unha liña lateral formando un S por riba das aletas pectorais. É de cor castaña verdosa no dorso e branca na parte ventral. Vive en augas costeiras sobre fondos rochosos.
-
-
Arbusto caducifolio, da familia das betuláceas, de cortiza agrisada. As follas son arredondadas ou ovadas, acuminadas e dobremente serradas e os froitos son noces que aparecen en grupos sobre un curto pedúnculo.
-
Planta herbácea rizomatosa, da familia das asteráceas, que presenta follas basais enteiras e glabras, capítulos florais illados con lígulas amarelas e froito en aquenio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea do xénero Hypericum que presenta follas enteiras, opostas e sentadas, e flores de cor amarela, dispostas en cimas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suxeitar cunha corda a pata dianteira dunha vaca ou doutro animal ao corno ou ao pescozo para que non escape.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente que se usa para gardar aceite.
-
-
Relativo ou pertencente ao aceite.
-
Persoa que se dedica a vender ou tratar co aceite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de ferro con corte en bisel que empregan os pedreiros para traballar na canteira.
-
-
Mover cara a adiante. Tm v pron.
-
Poñerse por diante de algo ou alguén.
-
Realizar algo antes do tempo previsto. Tm v pron.
-
Mover as agullas do reloxo de xeito que marquen unha hora que aínda non é.
-
Dar celeridade a unha actividade de xeito que avance cara ao seu fin.
-
Facer progresos.
-
-
-
Administración encargada de percibir os dereitos establecidos sobre certas mercadorías na entrada e saída do territorio dun estado.
-
Oficina dunha aduana, situada normalmente nas fronteiras, portos e aeroportos para controlar a circulación de persoas e mercadorías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clase de palabra, de forma invariable, que se emprega para modificar o significado do adxectivo, do verbo, doutro adverbio ou mesmo dunha oración enteira, ampliando ou matizando o seu significado.