"Saa" (En toda a entrada)

Amosando 7 resultados de 7.

    1. Relativo ou pertencente ás linguas finoúgrias.

    2. Familia de linguas urálicas, que se estende desde o Ártico ata os Balcáns, entre Escandinavia e os Urais, e que se divide en dous subgrupos: o fínico, que agrupa o saami ou lapón, livonio, estoniano, ingrio, vepsio, carelio, livvi, ludio, finlandés, mari, mordovino, komi e udmurto, e o subgrupo ugrio que inclúe o húngaro, ou maxiar, khanti e mansi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión dun home e dunha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo familiar.

    2. Parella unida en matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Isaac Newton ou ás súas teorías.

    2. Seguidor das teorías de Isaac Newton.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Laponia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Laponia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo saami.

      2. Individuo do pobo saami.

      3. Etnia que habita no N de Suecia, Noruega e Finlandia e na Península de Kola (Rusia).

    1. Lingua finoúgria que se fala en Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe óseo gregario e peláxico, da familia dos clupeidos, que presenta o corpo de pequeno tamaño, alongado, deprimido lateralmente, de cor azulada no lombo e prateada no ventre, o opérculo con estrías radiais regulares e as escamas de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título do Imperio Bizantino, creado en 1081 por Alexio I Comneno a favor do seu irmán Isaac.

    VER O DETALLE DO TERMO