"Osmo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 82.

    1. Corpo celeste de forma determinable, illado no cosmos e que se move de acordo con determinadas leis.

    2. Persoa que destaca na súa ocupación, sobre todo no mundo do espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perder o siso, facerse curto de entendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación dos oito trigramas fundamentais do tratado clásico chinés Yijing. Representaron un papel fundamental na filosofía chinesa, sostendo as especulacións cosmolóxicas e físicas do neoconfucianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo cosmolóxico que defende a evolución do universo a partir dunhas condicións iniciais extremas (‘momento cero’). Este modelo é a derradeira consecuencia de invertir mentalmente a expansión do universo, que se debe entender como unha auténtica expansión do espazo, que arrastra consigo a materia que contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás boraxináceas.

    2. Planta da familia das boraxináceas.

    3. Familia de plantas subcosmopolitas, da orde das lamiais, que presentan follas alternas e desprovistas de estípulas, flores hermafroditas e pentámeras, coa corola tubular ou campanulada e froito en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cetáceo da familia dos fisetéridos que se caracteriza por posuír un órgano de espermaceti situado nunha depresión da mandíbula superior que axuda a captar as mensaxes de sonar nas inmersións.

    2. Cachalote de ata 2,7 m de lonxitude, cunha aleta dorsal relativamente grande, propio de augas tropicais.

    3. Cachalote de ata 19 m de lonxitude, de cor gris e ventre con tons castaños, corpo percorrido lonxitudinalmente por enrugas, cabeza rectangular, aletas pectorais curtas e anchas, e mandíbula inferior estreita e moito máis curta ca a cabeza. Ten distribución cosmopolita en océanos e mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de confusión dos elementos anteriores á organización do mundo, contrario ao cosmos ou mundo delimitado e ordenado.

    2. Confusión e desorde completa en calquera cousa ou situación.

    3. Amoreamento confuso de bloques de rochas que aparece xeralmente ao pé das vertentes abruptas.

    4. Explicación de certos fenómenos físicos que dá lugar a dous aspectos teoricamente contraditorios: a imprevisión dos fenómenos caóticos e o determinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de excreción ou de exosmose dalgúns elementos do núcleo celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ciperáceas.

    2. Planta da familia das ciperáceas.

    3. Familia de plantas da orde das ciperais. De distribución practicamente cosmopolita, está presente, sobre todo, en lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura tubular dos colémbolos que lle serve para manterse adheridos ao substrato e para a osmorregulación.

    VER O DETALLE DO TERMO