"Orange" (En toda a entrada)
Amosando 6 resultados de 6.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xermánico dos cimbros.
-
Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).
-
Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos hotentotes.
-
Individuo do pobo hotentote.
-
Pobo do grupo khoisan, que habita ao S de África, ao N do río Orange, dedicado tradicionalmente á gandaría. Sufriu os ataques dos bantús, dos traficantes de escravos e, a partir do s XVIII, tiveron que enfrontarse cos colonizadores holandeses e cos ingleses.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Orange (Sudáfrica) ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Orange (Sudáfrica).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento propio da orde de Orange.
-
-
Relativo ou pertencente ao oranxismo.
-
Partidario da casa de Orange.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado en Transvaal e Orange aos inmigrantes británicos chegados desde o descubrimento de xacementos de ouro e diamantes no s XIX.