"ODECA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 17.

  • Sulfuro de cinc, que cristaliza no sistema cúbico en cristais en forma de tetraedro ou rombododecaedro e cuxa estrutura cristalina é análoga á do diamante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica.

    2. Cada un dos tres isómeros do dicarbadodecaborano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de carbono puro que cristaliza no sistema cúbico, as máis das veces como octaedros, dodecaedros ou cubos. É moi apreciado en xoiaría como pedra preciosa.

      1. Calquera cousa que comparte co diamante algunha característica.

      2. Edición elegante de forma e letra moi pequena.

    2. Lámpada mineira de petróleo provista dun reflector.

      1. Paxaro, da familia dos estríldidos, de plumaxe de cores vivas que cría en catividade.

      2. Ave, da familia dos estríldidos, que ten a cabeza escarlata, a gorxa e o papo negros, o peito púrpura escura e o ventre amarelo. A caluga, o lombo, as ás e a cola son verdes, e o peteiro é branco coa punta vermella.

      3. Ave, da familia dos estríldidos, que ten a cabeza e o pescozo azuis, as ás e o dorso acastañadas, o peteiro e as meixelas laranxas e a cola negra con franxas brancas. Ten a capacidade, rara entre as aves, de succionar a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘doce’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dodecaedro.

    2. Que ten forma de dodecaedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliedro de doce caras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten doce fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de composición musical que estrutura a peza sobre os doce sons da escala cromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dodecafonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO