"Nina" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 266.

  • Forma sufixada que se emprega na formación de adverbios de modo engadíndose aos adxectivos na súa forma feminina (soamente, prontamente, saudablemente). OBS: Estes adverbios non levan acento gráfico ao ser todos graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos que se basea na presenza ou ausencia de aglutinóxenos A e B nos eritrocitos e das aglutininas anti-A e anti-B no plasma sanguíneo. O sistema AB0 clasifica os individuos en catro grupos: A, B, AB0.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superiora dun mosteiro ou convento de orde monástica ou coenxía feminina.

    2. Dona que gozaba das rendas dunha coenxía ou dun mosteiro feminino sen ser relixiosa nin pertencer a ningunha orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deficienza de pigmentación da pel por desaparición ou ausencia do pigmento cutáneo normal ou melanina.

    2. Falta de cor nos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base purínica constituínte da adenosina e, por tanto, de numerosas substancias de grande importancia bioquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleósido resultante da combinación dunha molécula de β-D-ribosa e dunha de adenina. O nucleótido correspondente é o ácido adenílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de aglutinar ou aglutinarse.

    2. Procedemento polo que dúas ou máis palabras se xuntan para constituír unha soa.

    3. Aglomeración de determinados corpúsculos en suspensión portadores dun antíxeno pola presenza, no líquido da suspensión, do anticorpo específico correspondente.

    4. Aglutinación dos eritrocitos como consecuencia da reacción específica dos aglutinóxenos ante as súas correspondentes aglutininas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anticorpo do plasma sanguíneo que actúa ante determinados antíxenos ou fronte ás células que os conteñen.

    2. Substancia de orixe vexetal que actúa de anticorpo e aglutina os eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base presente nalgúns produtos vexetais e animais que resulta da descarboxilación da arxinina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido non esencial, apolar que intervén de maneira importante no intercambio de metabolitos entre o músculo e o fígado e é un constituínte básico de moitas proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO