"Mouse" (En toda a entrada)
Amosando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Profesa dunha orde relixiosa fundada no 1850 en Madrid por María Micaela do Santísimo Sacramento para acoller e instruír rapazas. A orde chamouse Congregación de Relixiosas Adoratrices Escravas do Santísimo e da Caridade (1858).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empregado dos arquivos da Chancelaría Imperial. Durante o Baixo Imperio Romano transformouse no principal funcionario á fronte dos catro negociados principais en que se xuntaban as funcións de escribas e contadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de unidades físicas que se emprega en mecánica, no que as magnitudes básicas son a lonxitude, a masa, o tempo e a corrente eléctrica. As unidades correspondentes son o metro (m), o quilogramo (kg), o segundo (s) e o ampere (A), respectivamente. Ao engadir o kelvin, a candela e o mol, formouse o sistema internacional de unidades (SI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia pictórica de carácter abstracto xeométrico da década de 1960. Cultivou a busca e a aplicación dos principios fundamentais da percepción visual. Posteriormente transformouse en arte cinética.
-
-
Cousa que se ignora, que se oculta ou que non se debe coñecer.
-
Discreción máxima.
-
Cousa misteriosa que non foi explicada nin descuberta.
-
Cousa, sistema ou maneira non coñecida que serve para acadar un determinado efecto.
-
Obriga e dereito que ten o sacerdote de absterse de revelar o que o penitente lle confesou no sacramento de penitencia.
-
Segredo inherente aos asuntos políticos e diplomáticos, cuxa revelación compromete a seguridade do estado.
-
Segredo encamiñado a garantir a administración de xustiza e a defensa dos intereses persoais das partes implicadas nun sumario mentres se fan as dilixencias pertinentes.
-
Obriga dun profesional de non divulgar aquilo que coñeceu por razón do seu oficio e con relación ao servizo, se non é con consentimento de quen o pode autorizar.
-