"Lumet" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 11.

  • Parte da volumetría que abrangue os métodos de análise de substancias de carácter ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise de substancias básicas por valoración cunha solución dun ácido de concentración coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de análise química para determinar o punto final de volumetrías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise en que o reactivo valorante é unha solución de bromato de potasio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á condutimetría.

    2. Procedemento analítico que se emprega para determinar o punto final das volumetrías, baseado na medida da variación da condutividade electrolítica da solución problema debida á adición de reactivo valorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que indica ou serve para indicar. Tm s.

    2. Agulla dun reloxo de sol.

    3. Cifra ou variable que serve de referencia para obter información sobre o desenvolvemento económico.

    4. Composto químico que se emprega en análise para pór de manifesto, xeralmente por un cambio de cor, o punto de equivalencia das volumetrías.

      1. Instrumento para sinalar a presenza ou medir a intensidade dun fenómeno ou unha magnitude físicos.

      2. Dispositivo de funcionamento mecánico ou eléctrico para controlar o nivel do líquido contido nun depósito ou noutro recipiente.

      3. Dispositivo para determinar o diagrama de presións no interior do cilindro dun motor de explosión en función do percorrido do émbolo.

      4. Dispositivo que se emprega en certos receptores de radio para indicar o punto exacto de sintonía.

    5. Bacteria que indica a existencia de polución orgánica ou de microorganismos patóxenos nun medio, xeralmente acuoso.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinación, por medio do oscilómetro, das oscilacións das paredes arteriais ocasionadas polo fluxo sanguíneo e a presión arterial.

    2. Tipo de análise condutométrica en que se traballa con correntes alternas de alta frecuencia (1-300 MHz). Utilízase en volumetrías de neutralización, de precipitación e de formación de complexos, tanto en medios acuosos como en non acuosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento analítico utilizado para determinar o punto final das volumetrías, baseado na variación de potencial dun electrodo en función da variación da concentración dos ións do elemento que o constitúe na disolución do problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medición de volumes.

    2. Técnica de análise cuantitativa que se basea na medición do volume dunha solución do reactivo que é necesario para reaccionar totalmente cun volume medido de solución da substancia de concentración descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á volumetría.

    VER O DETALLE DO TERMO