"Lentini" (En toda a entrada)
Amosando 3 resultados de 3.
-
-
Elemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica. O seu número atómico é 51, e o seu peso atómico 121,75. A única forma estable é a metálica,denominada tamén antimonio gris. Os compostos de antimonio, ademais da súa utilización terapéutica, úsanse como mordente na industria téxtil e en curtidos.
-
Electrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, que se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.
-
Compostos que se empregan como catalizadores de substancias orgánicas.
-
Líquido utilizado na cloración de compostos orgánicos.
-
Pos alaranxados que se empregan principalmente na vulcanización e coloración do caucho.
-
Cristais delicuescentes que se empregan como catalizadores, reactivos cualíticos ou para broncear o ferro.
-
Composto que forma a valentinita, que se emprega na industria do caucho e do plástico para obter compostos non inflamables.
-
Composto que forma a estibina, empregado en pirotecnia e como acelerador de vulcanización do neopreno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gnosticismo propio dos discípulos de Valentín, que utiliza a cosmoloxía e a antropoloxía para fundamentar o Primeiro Principio ou Abismo, o Intelecto ou Unixénito e a Alma ou Sabedoría.
-
-
Relativo ou pertencente a Valentín ou ao valentinianismo.
-
Seguidor do valentinianismo.
-