"Irlanda" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 9.

    1. Título ou dignidade de conde.

    2. Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun conde.

      1. Circunscrición administrativa de primeira orde de Hungría, Irlanda e Liberia.

      2. Circunscrición administrativa de segunda orde en Reino Unido, dividida en distritos rurais e urbanos; e en EE UU, administrada por un sheriff.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escotos.

    2. Individuo do pobo escoto.

    3. Pobo procedente do NO de Irlanda que no s III saqueou Britania. Asentáronse a partir do s VI na rexión occidental de Escocia onde formaron o Reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos ata que se fusionaron os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia (844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia revolucionaria creada entre os inmigrantes irlandeses de Chicago (1858). Liderada por John O’Mahony, loitaba por liberar Irlanda do dominio inglés e proclamar a República Independente Irlandesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha illa.

    2. Natural ou habitante dunha illa.

    3. Escritura desenvolvida en Gran Bretaña e Irlanda na Idade Media, especialmente entre os ss VII e X, a partir das escrituras uncial e semiuncial, levadas desde o continente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Irlanda, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Irlanda.

    3. Lingua gaélica, que se fala principalmente en Irlanda Occidental. OBS: Tamén se denomina gaélico de Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga unidade de peso, que en Galicia tiña un valor aproximado de medio quilo (575 gr).

      1. Moeda de influencia anglosaxona dos países de Chipre, Exipto, Irlanda (substituída polo euro en 2002), Líbano, Malta, Siria, Sudán (susbtituída polo dinar en 1982) e Xibraltar.

      2. Unidade monetaria de Reino Unido dividida en 100 peniques. Ata 1971 dividíase en 20 xilins, e cada xilin en 12 peniques (£).

    2. Unidade de masa do sistema británico que equivale a 453,592 g.

      1. Unidade de conta, que durante a Idade Media estaba baseada no peso de prata e o seu valor contido en 240 diñeiros.

      2. Unidade de peso que se emprega como referencia para establecer o peso das moedas. As disposicións dos soberanos indicaban o número de pezas que facían un libra.

      3. Unidade ponderal introducida por Carlomagno en 793-794, que incrementou a libra romana ata un valor aproximado a 489 g.

      4. Unidade ponderal itálica empregada desde a Antigüidade que serviu como patrón para a moeda romana.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Irlanda do Norte ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfabeto que se empregou, durante os primeiros séculos da era cristiá en Irlanda, Escocia, Gales e Inglaterra, basicamente nas inscricións epigráficas en celta insular e que case non difire do sistema alfabético latino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia á unión de dous ou máis estados ou partidos.

    2. Tendencia política dos partidarios da unión de Reino Unido e Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO