"Ilión" (En toda a entrada)
Amosando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bolboreta diúrna, da familia dos papiliónidos, de ás arredondadas, de cor branca con pintas negras e dous ocelos vermellos en cada á posterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se colocaba no teclado dos pianos para facilitar a aprendizaxe dos iniciados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Ilión.
-
-
Mamífero voador, da orde dos quirópteros, que presenta as ás e a cola recubertas pola pel. Presenta hábitos nocturnos e aliméntase de insectos ou froita e oriéntase mediante un sistema de resonancia. Pertence á familia dos rinolófidos, dos vespertiliónidos e dos molósidos.
-
Quiróptero, da familia dos vespertiliónidos, que presenta tamaño medio, fociño e orellas anchas e curtas. Vive en zonas boscosas e de montaña.
-
Morcego, da familia dos rinolófidos, do xénero Rhinolophus, que se caracteriza por posuír un nariz con excrecencias cutáneas a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocación. OBS: Tamén se denomina rinolofo.
-
Morcego, da familia dos vespertiliónidos, que presentan orellas curtas e anchas e pelame escuro. Viven na montaña repousando en ocos de árbores e nichos rochosos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos opilións.
-
Arácnido da superorde dos opilións.
-
Superorde de arácnidos con opistosoma asentado e claramente segmentado. As súas patas motoras son moi longas e finas, e tamén adoitan selo os seus pedipalpos. Son preferentemente higrófilos e carnívoros.
-
-
-
Que é semellante a unha bolboreta.
-
Aplícase á corola dialipétala, cigomorfa, pentámera e de perfloración vexilar, que consta dun pétalo posterior grande ou estandarte, con dous pétalos laterais ou ás e dous pétalos inferiores ou internos que forman a carena. É característica das papilionáceas.
-
fabáceo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos papiliónidos.
-
Bolboreta da familia dos papiliónidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracteriza polas súas grandes dimensións e as súas cores relucentes.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos vespertiliónidos.
-
Mamífero da familia dos vespertiliónidos.
-
Familia de mamíferos insectívoros, da orde dos quirópteros, que teñen unha soa falanxe rudimentaria no segundo dedo da man e tres no terceiro.
-