"Flavin" (En toda a entrada)
Amosando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto bacteriostático e bacterizida constituído por unha mestura de colorantes acridínicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dinucleótido de flavina e adenina constituído por unha molécula de riboflavina fosforilada e un AMP. É o grupo prostético da maior parte das flavoproteínas, e intervén en varias reaccións de oxidación-redución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos pigmentos amarelos de natureza nucleotídica, que teñen normalmente como base nitroxenada a isoaloxazina, presentan unha fluorescencia amarela-verdosa, e localízanse en moitos tecidos de animais vertebrados e de plantas, como a riboflavina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos encimas de oxidación-redución, coñecidos como oxidorredutases, que conteñen un grupo prostético derivado da riboflavina. OBS: Tamén se denomina flavoencima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster 5´-fosfórico da riboflavina. É o grupo prostético de moitos encimas de oxidación-redución, como as flavoproteínas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
riboflavina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico constituínte do complexo vitamínico B, que é esencial para o crecemento, xa que a súa falta ocasiona unha síndrome semellante á pelagra. OBS: Tamén se denomina vitamina B2 lactoflavina.