"Exipto" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 55.

    1. Pan que non levedou.

    2. Pan sen levedar que, durante a Pascua, comen os xudeus para lembrar a súa saída de Exipto. Emprégao a Igrexa católica para a institución da eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos aiúbidas.

    2. Membro da dinastía aiíbida.

    3. Dinastía musulmá iniciada en 1171 por Salãh al-Dĩn ibn Ayyũb (Saladino), visir do derradeiro califa fatimita de Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría da ovella ata a idade dun ano.

      1. Expresión aplicada por Xoán o Bautista a Xesús Cristo na súa calidade de víctima inocente.

      2. Año sacrificado, no Xudaísmo, o día de Pascua en memoria da liberación do pobo xudeu da súa escravitude en Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos tres aspectos da alma humana, considerado, no Antigo Exipto, o principio da enerxía vital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Badariano.

    2. Fase da prehistoria exipcia que corresponde ao Calcolítico Inicial, definida a partir do xacemento de El Badari (Exipto). Esténdese por unha parte do Exipto Medio, Alto Exipto e o N de Sudán. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Berbería.

      2. Natural ou habitante de Berbería.

      1. Relativo ou pertencente aos bérberes ou á súa lingua.

      2. Individuo do grupo étnico bérber.

      3. Grupo étnico non árabe de África Setentrional, distribuído discontinuamente desde o oasis de Sīwa (Exipto) ata o Atlántico, e desde a costa mediterránea ata Hombori (Níxer).

    1. Grupo de linguas afroasiáticas que se falan en África Setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos burxitas.

    2. Membro dinastía burxita.

    3. Segunda dinastía de mamelucos que gobernou Exipto desde 1382 a 1517.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Caria, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante da antiga rexión da Caria, no SO da Asia Menor.

    3. Lingua falada polos carios que se coñece a través de inscricións, descubertas no territorio da antiga Caria, que se remontan á época helenística; outras, máis antigas e máis numerosas, pertencentes aos carios instalados en Exipto, datan do s VII a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.

    2. Individuo da comunidade copta.

    3. Comunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita pero, coa lenta adopción da relixión musulmá, pasou a denominar os cristiáns exipcios.

      1. Lingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.

      2. Alfabeto propio da lingua copta que adoptou o alfabeto grego e mais algunhas letras deformadas da escritura demótica.

      3. Igrexa autóctona de Exipto, herdeira da tradición que tivo como centro Alexandría e constituída formalmente tras o Concilio de Calcedonia (451).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo cuxita.

    2. Individuo do antigo pobo cuxita.

    3. Pobo africano, influído pola cultura exipcia, que se desenvolveu nas chairas do Nilo a partir do II milenio a C.

    4. Grupo de linguas afroasiáticas, entre as que se inclúen o bexa, o saho, o afar e o somalí, que se falan nunha rexión que se estende desde Bāb al Mandab ata Kenya, e desde o deserto de Exipto ata Tangañika.

    VER O DETALLE DO TERMO