"Etiopia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 22.

  • Título honorífico que recibe o bispo metropolitano da Igrexa de Etiopia desde a súa constitución en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos amharas ou á súa lingua.

    2. Individuo dos amharas.

    3. Pobo abisinio dominante en Etiopia.

    4. Lingua semítica do grupo de linguas etíopes que, con fonda influencia do substrato cuxita,  se desenvolveu a partir do etíope antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua semítica do grupo etíope, falada en Etiopia en dúas variantes dialectais: a variante do norte, ao NL de Ankober; e a do sur, preto de Harar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo arussi.

    2. Individuo do grupo arussi.

    3. Grupo de Etiopia que vive na provincia de Arsi e que son principalmente agricultores e gandeiros de relixión musulmá. Esténdese cara ao L polas montañas comprendidas entre o río Awash, ao N, e o o curso alto do Shebele, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos barios.

    2. Individuo do pobo dos barios.

    3. Pobo das chairas interiores de Etiopia, que habita entre as ribeiras do Bahar el Djebel e o lago Turkana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

    2. Individuo do pobo dos danakil.

    3. Pobo africano que pertence ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmá.

    4. Lingua cuxita que fala o pobo danakil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Etiopia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Etiopia.

    3. Alfabeto propio das linguas etíopes. Creada polos gueez, esta escritura foi adoptada despois polo amhárico. Pode ser datada do s III en diante, e deriva da escritura sabea (do S de Arabia).

    4. Grupo de linguas semíticas occidentais que se falan nunha parte de Etiopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Etiopia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura mitolóxica orixinaria de Etiopia, que os gregos e romanos consideraban imaxe da vida eterna. A súa lenda está relacionada en Exipto co culto ao Sol.

    2. Persoa ou cousa rara e única no seu xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo galla ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo galla.

    3. Pobo etíope que habita no macizo central de Etiopia. Adoptaron unha forma de vida sedentaria e a súa economía baseouse na agricultura. A súa relixión mestura elementos musulmáns e ritos pagáns.

    4. Lingua cuxita que fala o pobo galla.

    VER O DETALLE DO TERMO