"Ero" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 5381.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘corno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘levar’. OBS: Tamén se emprega a forma -fera nos termos que teñen variación de xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fuxir’. OBS: Tamén se emprega a forma -fuga nos termos que teñen variación de xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada que se emprega na formación dos nomes dos compostos heterocíclicos que conteñen un anel nitroxenado de cinco membros, no seu grao máximo de insaturación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teorema segundo o que para un número ε pequeno, a probabilidade P de que a diferenza entre a frecuencia f do suceso favorable nunha serie de probas e a probabilidade p de que este feito sexa, en valor absoluto, superior a ε tende a cero ao aumentar indefinidamente o número de probas. OBS: Tamén se denomina lei débil dos números grandes.

    2. Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado

    3. Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:


      FORMULA

                                                      
                                         ?? s A.dS = ??? v divA dV

      O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S.

    4. Teorema que se basea no teorema da calor que constitúe o terceiro principio da termodinámica: ao cero absoluto de temperatura, a entropía dun corpo cristalino perfecto é nula.

    5. Teorema segundo o que os tres puntos de intersección dos lados opostos dun hexágono inscrito nunha cónica determinan unha recta denominada recta de Pascal.

    6. Teorema fundamental da xeometría segundo o que nun triángulo rectángulo a área do cadrado que ten por lado a hipotenusa é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen por lado os catetos.

    7. Teorema segundo o que se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado

    8. Teorema que establece que se tres rectas r, r e r que se cortan en O son interceptadas polas rectas paralelas S, S nos puntos A, A e A en S, e nos puntos B, B e B en S), cúmprense as seguintes relacións:






                                       OA___           OA___          OA’’_____
                                    ______ = ______ = ______ ;
                                       AB___          A’B’____         A’’B’’_____

                                       OA___           OB___        
                                    ______ = ______ .
                                       AA       ___           BB’____

    9. Teorema segundo o que se f(x) é unha función dunha variable real e derivable n veces, vén dado pola fórmula:









                    f(x)=f(a)+f’(a)(x-a)+  1__ 2! f’’(a)(x-a)2+...

                             ... +  1__n! f (n) (a)(x-a) n +R n + 1 a(x)
      onde R n (x) se coñece como resto.

    10. Teorema que afirma que a orde dun subgrupo divide a orde do grupo ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano presente nas clases dos insectos, quirópteros e aves, que posibilita o voo.

    2. Toda superficie horizontal e plana que serve para estabilizar o voo.

      1. Cada un dos corpos laterais que se estende aos lados do principal nun edificio de planta composta.

      2. Parte dunha edificación diferente da zona principal nun edificio, construción ou calquera outro espazo con división arquitectónica.

      3. Partes laterais dun escenario de teatro.

    3. Xogador ou grupo de xogadores que se posicionan nos extremos do terreo de xogo.

    4. Expansión laminar, foliácea ou membranosa que se estende pola superficie de diversas estruturas como flores, froitos, talos e pecíolos.

      1. Cada un dos grupos de barcos dunha escuadra que se sitúa aos costados.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Símbolo do número de masa.

    2. Figura luliana circular, cun A no centro, que fai referencia ao ente rodeado de diversas letras representantes das diversas dignidades.

    3. Grupo sanguíneo do sistema AB0 que posúe aglutinóxeno A.

    4. Símbolo do ampere.

    5. Signo gráfico do primeiro son grave da notación alfabética orixinal.

    6. Sigla do Cancioneiro da Ajuda.

    7. Letra que designa o horizonte superior dos solos.

    8. bomba atómica.

    9. retinol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto de talle grande da orde dos himenópteros.

    2. Macho da abella doméstica Apis mellifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta  da familia das musáceas semellante ao bananeiro, pero de follas máis estreitas que proporcionan un filamento téxtil denominado cánabo de Manila.

    2. Fibra téxtil de cor esbrancuxada, extraída das vaíñas foliares da planta do mesmo nome,. que se emprega na fabricación de cordeis e cables.

    3. Tecido tosco fabricado coa fibra do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abastecer ou abastecerse.

    2. Acción de fornecer de materias, mercadorías e produtos a unha poboación ou a calquera colectivo.

    3. Avión que subministra combustible a outra aeronave durante o voo.

    4. Lugar onde os órganos do exército entregan os abastecementos ás grandes unidades subordinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO