"Eozoico" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 16.

    1. Relativo ou pertencente aos acantodios.

    2. Peixe fósil da orde dos acantodios.

    3. Orde de peixes fósiles da subclase dos placodermos que viviron no Paleozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • precámbrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dobramento Caledoniano.

    2. Ciclo oroxénico producido no Paleozoico inferior, entre o Silúrico e o Devónico, hai uns 330 millóns de anos. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén carbón.

      1. Relativo ou pertencente ao Carbonífero.

      2. Cuarto período xeolóxico do Paleozoico (ou Era Primaria) que vai desde o Devoniano ata o Permiano, e abrangue as idades comprendidas entre os 345 e os 286 Ma. Caracterízase polo desenvolvemento da oroxenia herciniana e polo grande incremento da flora terrestre que tivo como consecuencia a formación de grandes depósitos de carbón. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Catarqueano.

    2. Unidade xeocronolóxica (non cronoestratigráfica) situada baixo o Arqueozoico. Ten categoría de era e fai referencia a todo o espazo temporal que vai desde a formación ou individualización da Terra como planeta ata a primeira rocha arqueozoica. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á creta.

      2. Que contén creta.

      1. Relativo ou pertencente ao Cretáceo.

      2. Derradeiro período da Era Secundaria, despois do Xurásico e antes do Paleozoico (Terciario). OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período indefinido de tempo que non se pode contar.

    2. División cronolóxica da historia da Terra. Os eóns son o Arqueozoico, o Proterozoico e o Fanerozoico.

    3. Ser eterno que participa da natureza da divindade e que serve de mediador entre esta e o mundo sensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Fanerozoico.

    2. Eón máis moderno, posterior ao Precámbrico, que comprende as eras do Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico. Constitúe o tempo durante o que viviron a maior parte dos organismos macroscópicos e no que apareceron os animais con cuncha e esqueleto. OBS: Nesta acepción  adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Mesozoico.

    2. Era comprendida entre o Paleozoico e o Cenozoico cunha duración de 160 millóns de anos. Engloba os períodos Triásico, Xurásico e Cretáceo. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Namuriano.

    2. Serie, estrato ou tamén época ou idade do Carbonífero (Paleozoico) de Europa occidental, comprendida entre o Viseano, na base, e o Westfaliano, no teito. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO