"Dniéper" (En toda a entrada)

Amosando 3 resultados de 3.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo radimichi.

    2. Individuo do pobo radimichi.

    3. Pobo eslavo oriental que residía entre o Dniéper e o Desna dedicado ao pastoreo, á caza e á apicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Rusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Rusia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ruso.

      2. Individuo do pobo ruso.

      3. Pobo normando de orixe escandinava, varegos, que unha vez fusionados cos eslavos do Volga, o Don e o Dniéper (s IX), organizaron os primeiros principados rusos de Kiev e de Novgorod.

    1. Lingua eslava que se escribe en alfabeto cirílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Rutenia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Rutenia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ruteno.

      2. Individuo do pobo ruteno.

      3. Pobo ruso residente na banda occidental da liña Dvina-Dniéper, que formaba parte do estado polaco-lituano.

    1. Lingua eslava que se fala en Eslovaquia, Ucraína e Serbia.

    2. Aplícase aos cristiáns de rito bizantino que pertencen á Igrexa rutena unida a Roma.

    3. Igrexa uniata de rito bizantino xurdida en Polonia, Galitsia, Checoslovaquia, Hungría e Bohemia, con comunidades emigradas a Europa occidental, EE UU, Canadá, Brasil e Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO