"Bangui" (En toda a entrada)

Amosando 5 resultados de 5.

    1. Relativo ou pertencente ás linguas do grupo adamawa-ubanguiano.

    2. Grupo de linguas da familia níxer-congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos banziris ou ás súas linguas.

    2. Individuo pertencente a calquera dos pobos de lingua banziri.

    3. Pobo do S da República Centroafricana, preto de Bangui. Son agricultores da sabana e pescadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mandjas.

    2. Individuo do pobo mandja.

    3. Pobo de África de raza sudánida que habita na República Centroafricana, entre os ríos Ubangui e Chari.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lingua níxer-congo.

    2. Familia de linguas africanas faladas nunha área que se estende desde Senegal e Kenya ata Namibia e o extremo sur de Sudáfrica. Clasifícanse nos grupos atlántico occidental, o mandé, o voltaico, o kwa, o bantú e adamawa-ubanguiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ubanguiano ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo ubanguiano.

    3. Pobo que habita as concas do Ubangui e os seus afluentes.

    4. Subgrupo de linguas que comprende unhas 25 linguas faladas polos ubanguianos.

    VER O DETALLE DO TERMO