"Bacillus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 11.

  • Enfermidade infecciosa producida polo Actinobacillus lignieresis que se observa no gando bovino e no ovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis, que se manifesta como un tumor inflamatorio na pel.

    2. Reunión confluente de diversos furúnculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis, que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel.

    2. Doenza infecciosa, producida pola bacteria Clostridium chauvosi, moi mortífera, que afecta ao gando vacún e ovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico natural da familia das polimixinas, producido pola bacteria Bacillus colistinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que produce a bacteria Bacillus brevis. É un polipéptido ciclopeptídico que existe en diferentes variedades, que se diferencian polo distinto contido en aminoácidos da cadea polipeptídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria Gram-positiva, do xénero Lactobacillus, da familia das lactobaciláceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza excesiva de Lactobacillus no intestino humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade contaxiosa dos équidos, que se produce pola bacteria Actinobacillus mallei e que se caracteriza pola inflamación e ulceración da mucosa nasal e dos ganglios linfáticos, o que provoca trastornos respiratorios que mesmo poden levar á morte. Pode ser transmitida a cans, cabras, ovellas e mesmo ao ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación infecciosa circunscrita da pel, localizada nun folículo piloso. OBS: Tamén se denomina carafuncho.

    2. Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis, que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel, de consistencia dura e coloración vermella. OBS: Tamén se denomina carbuncho.

    3. Tumefacción de carácter grave.

    4. Enfermidade do porco que se caracteriza pola aparición na boca duns grans negros que lle impide comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antibiótico polipeptídico natural, illado do Bacillus polymyxa desde 1947.

    2. Antibiótico, o máis empregado e menos tóxico das polimixinas, activo contra as bacterias Gram-negativas, especialmente as dos xéneros Shigella e Pseudomonas.

    3. colistina.

    VER O DETALLE DO TERMO