"Andorra" (En toda a entrada)

Amosando 5 resultados de 5.

    1. Relativo ou pertencente a Andorra ou a Andorra la Vella, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Andorra ou de Andorra la Vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Catalunya, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Catalunya.

    3. Lingua románica do grupo da romania occidental, con trazos comúns ás linguas iberorrománicas e galorrománicas. É lingua cooficial en Catalunya, València e Illes Balears, e oficial en Andorra. Presenta as variedades central, insular ou balear, setentrional ou rosellonés, occidental, meridional ou valenciano, e o alguerés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous señores que representan a Andorra: o bispo da Seu d’Urgell, representado polo seu vigairo xeral, e o presidente da República Francesa, representado polo prefecto do departamento dos Pireneos Orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade monetaria de Burundi, Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Chad, Comores, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Lietchtenstein Madagascar, Mali, Níxer, Rwanda, Senegal, Suíza, Togo, Djibuti e as colonias francesas da Polinesia.

      1. Unidade monetaria principal de Francia establecida formalmente en 1795 pola Convención Nacional, cunha equivalencia de 5 g de prata, que se empregou tamén como moeda de curso legal en Mónaco e Andorra. Foi substituído polo euro en 2002 e o seu cambio ofi  cial co euro fixouse en 6,5595.

      2. Moeda francesa de ouro, cuñada por primeira vez en 1360, cun peso arredor de 4 g e o valor dunha libra tornesa.

      3. Moeda francesa de prata creada por Enrique III en 1575, cun peso de 12 a 14 g e o valor dunha libra tornesa.

      4. alor monetario establecido a finais do s XVIII equivalente a unha libra tornesa, cuxa diminución orixinou o franco francés.

      5. Unidade monetaria de Bélxica desde 1832. Foi substituído polo euro en 2002.

      6. Unidade monetaria de Luxemburgo. Foi substituído polo euro en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade territorial propia de Galicia, vixente na actualidade, que durante o s XIX tivo moita importancia como entidade territorial básica e coa configuración do novo modelo municipal de ordenación territorial, integrouse completamente no concello.

      1. Demarcación territorial eclesiástica rexida por un reitor ou un prior.

      2. Igrexa principal da circunscrición parroquial, onde radica a actividade pastoral do reitor.

      3. Despacho parroquial ou edificio, onde o reitor celebra reunións, atende os fieis ou ensina o catecismo.

      4. Circunscrición eclesiástica extraterritorial, prevista excepcionalmente polo dereito canónico para comunidades non circunscritas a ningún territorio.

    2. Conxunto de parroquianos dunha tenda ou dun establecemento público.

    3. Circunscrición ou división administrativa de Andorra.

    VER O DETALLE DO TERMO