"Afrodita" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 90.

  • Que está afectado de anafrodisia. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anélidos.

    2. Invertebrado do filo dos anélidos.

    3. Filo de animais segmentados, de simetría bilateral, triploblásticos, celomados e protóstomos, de forma cilíndrica ou aplanada dorsiventralmente. Carecen de apéndices articulados e divídense en metámeros. Os individuos poden ser unisexuais ou hermafroditas. Habitan no mar, na terra ou en auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea ou arbusto, anual ou perenne, que pertence ao xénero Atriplex, da familia das quenopodiáceas. Caracterízase por presentar flores hermafroditas ou unisexuais no mesmo pé, follas planas alternas ou opostas e froito con bractéolas libres ou soldadas só na parte inferior

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás asclepiadáceas.

    2. Planta da familia das asclepiadáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes ou arbustos. Presentan follas sinxelas e opostas xunto con flores hermafroditas, actinomorfas e pentámeras. Atópanse principalmente nas áreas tropical e subtropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que o primordio seminal dunha flor hermafrodita pode ser fecundado polo pole dela mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fecundación na que os gametos femininos dun organismo hermafrodita son fecundados por gametos masculinos procedentes deste mesmo organismo.

    2. Sexualidade propia dalgúns organismos unicelulares na que se unen dous núcleos haploides dunha mesma célula, procedentes dun único núcleo primitivo, para formar un cigoto diploide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena árbore perenne, da familia das iliáceas, de follas alternas, carentes de estípulas e con flores hermafroditas, que presenta froitos que constitúen o anís estrelado, usado como aromatizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás boraxináceas.

    2. Planta da familia das boraxináceas.

    3. Familia de plantas subcosmopolitas, da orde das lamiais, que presentan follas alternas e desprovistas de estípulas, flores hermafroditas e pentámeras, coa corola tubular ou campanulada e froito en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás brasicáceas.

    2. Planta herbácea ou arbusto da familia das brasicáceas.

    3. Familia de plantas da orde das caparais, xeralmente herbáceas, cuxas flores son hermafroditas e presentan catro pétalos libres e dispostos en cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore do xénero Coffea, da familia das rubiáceas, que presenta follas opostas, lanceoladas, duras e de cor verde escura, flores hermafroditas, brancas e cheirentas, e froitos en baga vermella con dúas sementes, o café.

    VER O DETALLE DO TERMO