"ARE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9955.

  • Forma sufixada de orixe latina que aparece en substantivos derivados doutros substantivos expresando a idea de ‘conxunto’ ou ‘cantidade’ e, en adxectivos derivados de substantivos, a idea de ‘semellanza’, ‘pertenza’, ‘relación’ ou ‘causa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘que pare’, ‘que produce’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta  da familia das musáceas semellante ao bananeiro, pero de follas máis estreitas que proporcionan un filamento téxtil denominado cánabo de Manila.

    2. Fibra téxtil de cor esbrancuxada, extraída das vaíñas foliares da planta do mesmo nome,. que se emprega na fabricación de cordeis e cables.

    3. Tecido tosco fabricado coa fibra do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir ou atrancar a respiración a alguén.

    2. Cubrir de bafo calquera obxecto ou elemento de vidro.

    3. Importunar a alguén teimando nunha petición.

    4. Perder o alento ou respirar con dificultade.

    5. Botar mal cheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inclinar ou dirixir cara a abaixo o corpo, normalmente coa inclinación da cabeza. Tm v pron.

    2. Diminuír algo en altura ou grosor.

    3. Descender a unha condición, a un grao de intensidade ou a unha medida inferior.

    4. Perder o orgullo ou a dignidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo en equilibrio aumentando ou sacando peso.

    2. Lanzar algo con violencia contra algo ou alguén.

    3. Tirarse con violencia caendo sobre un obxecto ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir a un corpo un movemento de vaivén sen modificar o seu lugar no espazo. Tm v pron.

    2. Axitar acompasadamente o berce dos nenos para acougalos ou durmilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abalar.

    2. Moverse algo a un lado e a outro sen desprazarse do seu eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover a intervalos con forza e de forma abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformarse nunha masa de terra compacta.

    VER O DETALLE DO TERMO