"Erte" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9235.

    1. Relativo ou pertencente aos zapotecos.

    2. Individuo do pobo zapoteca.

    3. Pobo indíxena de México centromeridional que vive no actual estado de Oaxaca, e que se estende polos estados de Veracruz, Chiapas e Guerrero.

    4. Lingua otomangueana que falan os zapotecos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zaragoza ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zaragoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zayditas.

    2. Membro dos zayditas.

    3. Grupo xiíta que creou Zayd ibn ‘Alī (s VIII), especialmente representativo en Iemen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zegritas.

    2. Membro dos zegritas.

    3. Grupo político--familiar que actuou no reino nazarí de Granada. Disputáronse os lugares clave do goberno nazarí durante todo o s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zeidos.

    2. Peixe da familia dos zeidos.

    3. Familia de peixes teleósteos, da orde dos zeiformes, que presenta raios afastados e espiñentos na aleta dorsal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zeiformes.

    2. Peixe da orde dos zeiformes.

    3. Orde de peixes, da subclase dos actinopterixios, que presentan o corpo comprimido e cuberto de grandes escamas ctenoides e uns raios espiñosos fortes e longos nas aletas dorsal e anal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tribo zenata.

    2. Individuo da tribo zenata.

    3. Tribo bérber norteafricana maioritariamente nómade. Un gran número estableceuse na Península Ibérica desde a formación de Al-Andalus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zenxitas.

    2. Membro da dinastía zenxita.

    3. Dinastía de gobernadores locais que gobernaron Siria e Mesopotamia (1127-1250) baixo a soberanía teórica dos turcos selxúcidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía zhou.

    2. Membro da dinastía zhou.

    3. Segunda dinastía chinesa (1122-1221 a C), orixinaria de Shanxi, ao NO de China, que conquistou os territorios do val do Huang He dominados polas dinastías shang (1122).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zhuang.

    2. Individuo do grupo étnico zhuang.

    3. Grupo étnico da familia dos tai que habita ao SL de China, na rexión autónoma de Guangxi Zhuang e en áreas autónomas dentro das provincias de Yunnan e Guangdong.

    VER O DETALLE DO TERMO