"tera" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1413.

  • Silicato de alúmina hidratado, do grupo dos caolíns. É un produto da alteración dos anfíbolos e dos piroxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión anatómica dalgúns animais que comprende a parte lateral e posterolateral da zona próxima á extremidade inferior. A anca está constituída por unha estrutura esquelética, unha masa muscular que cobre e move a articulación, xunto co abundante tecido adiposo e subcutáneo, ademais da pel que a cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitos anos.

    2. Persoa de moitos anos.

    3. Nome dunha dignidade ou función de goberno, principalmente colexial.

    4. Designación de Deus, segundo o xudaísmo, na literatura apocalíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anélidos.

    2. Invertebrado do filo dos anélidos.

    3. Filo de animais segmentados, de simetría bilateral, triploblásticos, celomados e protóstomos, de forma cilíndrica ou aplanada dorsiventralmente. Carecen de apéndices articulados e divídense en metámeros. Os individuos poden ser unisexuais ou hermafroditas. Habitan no mar, na terra ou en auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recurso estilístico de orixe grega que consiste na imitación paródica ou burlesca dun texto literario.

    2. Composición curta de carácter paródico que utiliza as rimas orixinais dun poema célebre na construción doutro de sentido diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal procordado mariño, do subfilo dos cefalocordados, fusiforme, co corpo comprimido lateralmente e rematado en punta polas dúas extremidades. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento das especies químicas anfóteras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás especies químicas, moleculares ou iónicas, que se poden comportar como un ácido e como unha base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla en que os nervios laterais forman un ángulo agudo co principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crenza segundo a que todo obxecto ou fenómeno da natureza está posuído por un espírito independente da mesma materialidade do fenómeno.

    2. Tendencia dos nenos a considerar como vivos os obxectos que se moven.

    3. Recurso literario que consiste en atribuír calidades humanas a obxectos inanimados.

    VER O DETALLE DO TERMO