"Meri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 431.

  • Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixiosque presenta ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve para moverse na escuridade e para capturar presas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se corresponde con cada unha das cen partes iguais que compoñen un todo. Tm s m.

    2. Moeda que vale a centésima parte da unidade monetaria de diversos países americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos centrárquidos.

    2. Peixe da familia dos centrárquidos.

    3. Familia de peixes continentais da orde dos perciformes que se introduciron en Europa debido á pesca deportiva como a perca americana e a perca sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América Central ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de América Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cercopitecoideos.

    2. Primate da superfamilia dos cercopitecoideos.

    3. Superfamilia de primates, propios do continente americano, de orificios nasais próximos, colas non prénsiles que poden opor o polgar ao resto dos dedos. Pertencen a esta superfamilia o mandril, o macaco e o narigudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Alto funcionario ou ministro responsable, antigamente, do selo, do arquivo ou da correspondencia real ou papal.

      2. Título que recibe o ministro de Asuntos Exteriores nalgúns países sudamericanos.

    1. Funcionario da curia diocesana que se encarga de redactar e conservar as actas.

    2. Funcionario que nunha misión diplomática desempeña o cargo máis importante despois do xefe da misión.

    3. Cargo universitario, o máis alto da xerarquía académica, representante da autoridade papal ou rexia, sen carácter executivo.

    4. Funcionario responsable da administración nunha escribanía ou nunha corporación, que tiña ao seu cargo notarios e escribáns chancelaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta anual, da familia das rubiáceas, de talo cuadrangular, provisto de aguillóns e froito con dous mericarpos inzados de ganchiños.

      2. Froito desta planta.

    1. amores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño, da familia dos serránidos, de cabeza grosa e ollos grandes e redondos. Presenta unha coloración agrisada ou azulada e vive en fondos areosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos cherokees.

    2. Individuo do pobo amerindio dos cherokees.

    3. Pobo amerindio da familia dos iroqueses, asentado orixinariamente na área meridional dos Apalaches, e posteriormente nos estados de Tennesse e Carolina do Norte.

    4. Lingua amerindia que fala o pobo cherokee.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cheyennes.

    2. Individuo da tribo cheyenne.

    3. Tribo amerindia. No s XVII poboaban a zona central de Minnesota e, a finais do s XVIII, empurrados polos dakotas, tiveron que emigrar cara ao SO, ao pé das montañas Rochosas.

    4. Lingua da familia algonquina.

    VER O DETALLE DO TERMO