"Conté" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 891.

    1. Acción e efecto de tensar.

    2. Estado mental de inquietude motivado pola presenza de estímulos de intensidade moi alta.

    3. Desacordo nas relacións entre persoas ou grupos.

      1. Presión que exerce un líquido ou un gas dentro do corpo.

      2. Resistencia que ofrecen as paredes dun continente á presión dun líquido ou dun gas que contén.

    4. Calidade das articulacións tónicas que distingue o momento articulatorio culminante nunha palabra, nunha sílaba ou nun fonema.

      1. Estado do corpo que experimenta as forzas que o manteñen tenso ou lle impiden contraerse.

      2. Resultado das forzas elásticas que, na masa dun corpo, equilibran os esforzos externos que tenden a alongalo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de ideas, independentes da realidade práctica, que tratan de explicar un fenómeno.

    2. Conxunto de coñecementos completo e sistemático sobre unha materia, arte ou ciencia.

    3. Teoría segundo a que todos os elementos químicos están constituídos por átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas, e que teñen unha serie de propiedades, como a masa atómica, que é característica de cada elemento. Se dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes, onde a molécula é a cantidade mínima dun composto, que ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan.

    4. Teoría segundo a que todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.

    5. Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas.

    6. Teoría segundo a que o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física, pode resolverse postulando que o oco está ocupado por positróns.

    7. Teoría que considera a superficie da Terra como un sistema integrado, en que os organismos vivos e os factores xeolóxicos e climáticos están interrelacionados e se inflúen mutuamente. OBS: Tamén se denomina hipótese de Gaia.

    8. Teoría segundo a que cando un metal ou calquera substancia se disocia en ións ou se somerxe nun disolvente se crea unha diferenza de potencial entre o disolvente e a parte de metal ou substancia que aínda non se disolveu.

    9. Teoría, enunciada co fin de atopar unha formulación que satisfixese a experiencia na radiación dun corpo negro, segundo a que calquera sistema físico en que a coordenada que o caracteriza efectúe oscilacións harmónicas simples, soamente pode ter unha enerxía total E que satisfaga a relación E=nhv, onde n é un enteiro (dito número cuántico), h a constante de Planck e v a frecuencia de oscilación.

    10. Teoría da física dos reactores nucleares, segundo a que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor conxénito que contén tecidos múltiples e que se cre debido á inclusión dun feto abortivo noutro que se desenvolveu normalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao terbio.

    2. Que contén terbio.

    3. Aplícase aos compostos de terbio en que este actúa con valencia 4.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Documento xurídico formal, unilateral, persoal e esencialmente revogable, polo que unha persoa sinala os receptores dos seus bens.

      1. Alianza de Deus co seu pobo.

      2. Primeira parte da Biblia, que contén os escritos anteriores a Xesús Cristo.

      3. Segunda parte da Biblia, que contén os escritos do primeiro século despois de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que contén catro átomos de cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico formado por un anel de cinco membros diinsaturados que contén un átomo de xofre e un de nitróxeno en posicións relativas 1,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pregadura en forma de saco da membrana interna do cloroplasto que contén a clorofila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén xofre.

    2. Ácido, de fórmula xeral H 2 S n O 6 , derivado dos sulfanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico obtido de Bacillus brevis, que contén gramicidina e se emprega no tratamento de feridas, úlceras e empiemas.

    VER O DETALLE DO TERMO