"auri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 99.

    1. Planta, da familia das amarilidáceas, que presenta pouco talo, follas moi desenvolvidas, carnosas, lanceoladas e moi grandes, coa marxe chea de espiñas, e flores amarelas dispostas en inflorescencias en panícula.

    2. Fibra téxtil que se obtén das follas dun tipo de pita que se cultiva nas illas Mauricio, nas zonas tropicais de América, no N de África e en Europa Meridional, e que se emprega para facer algúns tecidos, cordas e cordeis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poliosáuridos.

    2. Réptil da familia dos poliosáuridos.

    3. Familia de réptiles fósiles, que viviron durante o Permiano, que presentaban un cranio baixo, aplanado e un fociño aguzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de illas Mauricio, India, Indonesia, Maldivas, Nepal, Paquistán, Seychelles e Sri Lanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurios.

    2. Réptil da suborde dos saurios.

    3. Suborde de réptiles, da orde dos escamosos, que presentan o corpo alongado, cuberto con escamas córneas ou óseas, cintura escapular e pelviana e dous pares de patas pentadáctilas, que poden faltar ou estar atrofiadas. Son animais terrestres que habitan en zonas cálidas e que presentan hibernación na estación desfavorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurisquios.

    2. Réptil fósil da orde dos saurisquios.

    3. Orde de réptiles, do grupo dos dinosauros, coa pelve trirradiada, na que estaban representados os carnívoros máis grandes que viviron sobre a Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saurópodos.

    2. Réptil da suborde dos saurópodos.

    3. Suborde de réptiles, da orde dos saurisquios, que comprendía animais de locomoción cuadrúpede e de alimentación herbívora, á que pertencían os vertebrados terrestres máis grandes que existiron na Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico.

    2. Conxunto de síntomas que son característicos dunha determinada situación e que poden causar temor.

    3. Forma conxénita de discapacidade psíquica que se debe a un defecto no cromosoma 21, por mor dunha trisomía, dunha translocación ou dun mosaicismo, que se caracteriza por presentaren os individuos a cara redonda e plana, cabeza braquicéfala e ollos oblicuos e con epicanto.

    4. sida.

    5. Trisomía 18 que produce hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, e mans en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular.

    6. Aberración cromosómica numérica que se caracteriza por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se manifesta por unha insuficiencia da función endocrina testicular, testículos pequenos, xinecomastia, retraso mental e infertilidade.

    7. Conxunto de trastornos mentais que se asocian a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria.

    8. Trastorno hereditario do tecido conectivo que produce alteracións oculares e óseas nas articulacións e nalgúns órganos.

    9. Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13 e que presenta varios signos, como atraso mental, malformacións auriculares e microcefalia. OBS: Tamén se denomina trisomía 13 e trisomía D.

    10. Cadro que se caracteriza por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e merma das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo soninke.

    2. Individuo do pobo soninke.

    3. Pobo sudanés de lingua do grupo mandé que vive ao N de Mali, Mauritania e Senegal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido sulfónico que se presenta na bile asociado cos outros ácidos biliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao touro ou á tauromaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO