"Uma" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1160.

    1. Doutrina que considera o ser humano como centro do universo.

    2. Principio básico que consiste en buscar unha interpretación das cousas sen procurar explicacións divinas ou ultraterrenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos.

    2. Calidade de antropófago.

    3. Subcorrente literaria do modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simpatía polos seres humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente simpatía polos seres humanos. Tm s.

    2. Relativo ao vexetal que resulta favorecido na súa diseminación pola acción do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo descritivo das diferenzas biolóxicas entre individuos e razas humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estuda o ser humano.

      2. Ciencia que estuda o home como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo.

      3. Estudo da cultura humana desde as súas orixes ata os nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas.

      4. Estudo das estratexias, relacións e institucións económicas das sociedades primitivas.

      5. Estudo do ser humano en función da súa conduta social. As orientacións teóricas son o estruturalismo e o funcionalismo.

    1. Reflexión filosófica sobre o ser humano que ten como obxecto o home como ser natural e ser esencial.

    2. Reflexión sobre o home a partir da revelación que inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención.

    3. Estudo dos factores antropolóxicos en relación á actividade criminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación baseada no estudo das vísceras humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da antropoloxía que mide as diferentes partes do corpo humano e determina as súas proporcións.

    2. Estudo da estrutura corporal para predeterminar os deportes para os que  un individuo está máis capacitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribución de forma e características humanas a calquera obxecto ou animal.

    2. Doutrina que utiliza nocións propias da natureza ou da conduta do home para explicar entidades diferentes deste, sexan as cousas do mundo natural ou de Deus.

    3. Doutrina que concibe a divindade atribuída con características humanas.

    4. Recurso literario que consiste en atribuír calidades e propiedades humanas a animais, vexetais ou entes inanimados e abstractos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que atribúe a forma e as características do home á divindade ou a calquera ser non humano.

    VER O DETALLE DO TERMO