"Siles" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 98.

    1. Relativo ou pertencente aos pterosauros.

    2. Réptil fósil da orde dos pterosauros.

    3. Orde de réptiles diápsidos fósiles, da superclase dos arcosauros, que posuían unhas ás membranosas suxeitas por un só dedo, e que viviron no Xurásico e no Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo en pendente.

      1. Plano inclinado, situado entre dúas superficies de diferente nivel, que se emprega, especialmente, para poder subir e baixar cargas.

      2. Construción en plano inclinado desde a que se efectúa o lanzamento de proxectís autopropulsados ou de mísiles.

    2. Zona onde, a través dun plano de encabalgamento, unha masa rochosa sobe sobre outra.

    3. Función que crece de maneira lineal co tempo desde cero ata un valor determinado, de acordo coa expresión f(t)=kt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto perennifolio, da familia das mimosáceas, de follas simples, alternas, sésiles e ovadas agudas, con flores vermellas e froitos en carcérula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das litráceas, que presenta follas sésiles, opostas, pubescentes e lanceoladas e flores de cor maxenta dispostas en espigas terminais, e que medra en lugares moi húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto caducifolio, da familia das salicáceas, que está moi ramificado, ten pólas avermelladas ou amarelentas, as follas lineais co reverso peludo e abrancazado e con amentos pequenos e sésiles.

    2. imbio delgado que se obtén deste arbusto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica moi pouco movemento.

    2. Relativo ou pertencente aos individuos ou aos pobos que practican o sedentarismo.

      1. Relativo ou pertencente aos sedentarios.

      2. Anélido poliqueto do grupo dos sedentarios.

      3. Grupo de poliquetos sésiles, que presentan metamerización heterónoma, carecen de trompa evaxinable e habitan no interior duns tubos ou en galerías escavadas na area.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Silesia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Silesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante criptocristalina do cuarzo. É unha calcedonia opaca que aparece en masas case sempre de cor branca, amarela clara, gris ou negra.

    2. pedernal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo silingo.

    2. Individuo do pobo silingo.

    3. Pobo vándalo establecido en Silesia que a comezos do s V emigrou a Galia e a Hispania e se asentou na Bética ata que os derrotou o rei visigodo Valia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos simetrodontes.

    2. Mamífero fósil da orde dos simetrodontes.

    3. Orde de mamíferos fósiles, da subclase dos terios, carnívoros ou insectívoros, que presentan mandíbula esvelta, longa e formada por un óso dentario único. Localizáronse algúns fósiles do Xurásico e do Cretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO