"Tegra" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 344.

    1. Relativo ou pertencente aos bostríquidos.

    2. Coleóptero da familia dos bostríquidos.

    3. Familia de insectos da orde dos coleópteros integrada por individuos xilófagos, de corpo cilíndrico e recuberto de fortes tegumentos de coloración escura e con mandíbulas moi potentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bovinos.

    2. Mamífero da subfamilia dos bovinos.

    3. Subfamilia de mamíferos, da familia dos bóvidos, que comprende individuos de grandes dimensións e de corpo macizo e pesado, con fociño longo, grande e sen pelo, un rabo longo, acabado nun pincel de pelos, e barbela. Foron empregados polo ser humano desde antano como animais domésticos.

    4. Gando integrado por bois, vacas, becerros e outros representantes domésticos da subfamilia dos bovinos que se adaptan a diferentes tipos de explotación: intensiva ou totalmente estabulada, extensiva ou en réxime de pasto, e mixta ou semiestabulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás brevibacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das brevibacteriáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por pequenos bacilos Gram-positivos, curtos e a miúdo pigmentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bruceláceas.

    2. Bacteria da familia das bruceláceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das eubacteriais, integrada por bacterias Gram-negativas moi pequenas e pleomórficas, parasitas obrigadas de moitos animais, mesmo do ser humano. Son inmóbiles ou ben se moven por flaxelos perítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bruneliáceas.

    2. Planta da familia das bruneliáceas.

    3. Familia de rosais integrada polo único xénero Brunellia que engloba unhas corenta especies de plantas leñosas, polo xeral arbustos, propias dos Andes e das montañas das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal que se utiliza para montar ou para carga.

    2. Institución militar que constituía unha das divisións da sociedade medieval europea.

    3. Arma ou parte do exército integrada por soldados a cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de asentos unidos entre si e pegados á parede que se integran na estrutura do coro das igrexas, conventos, salas capitulares ou salas de xuntanza.

      2. Conxunto de cadeiras, sofás ou diváns da mesma clase cos que se amobla unha habitación.

    1. Lugar no que se fabrican cadeiras artesanalmente ou onde se venden.

      1. Construción feita con perpiaños colocados uns sobre outros.

      2. Conxunto de perpiaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camélidos.

    2. Mamífero que pertence á familia dos camélidos.

    3. Familia de mamíferos, da suborde dos tilópodos, integrada por individuos de dimensións grandes, con dúas dedas que rematan en coxíns elásticos e calosidades e pezuños reducidos a verdadeiras uñas. A parede do rume contén células acuíferas que almacenan auga metabólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.

      2. Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal.

      3. Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.

      4. Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.

      5. Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.

      6. Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.

      7. Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.

    1. Lugar destinado ao culto e situado nun palacio, casa, convento, escola, comunidade privada ou nun edificio similar, e que non ten a plenitude de dereitos dunha igrexa parroquial.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema ou modo de produción caracterizado polo uso de técnica avanzada, a propiedade privada dos medios de produción e a procura do máximo beneficio.

      2. Expresión cuñada por Lenin para designar a fase en que o estado proletario se apropiaría dos medios de produción.

      3. Economía mixta, establecida en Europa Occidental tras a Segunda Guerra Mundial, na que o Estado se comprometía a compaxinar o capitalismo de libre empresa cun amplo sistema de servizos e garantías sociais.

      4. Conxunto de medidas que teñen como finalidade a eliminación da loita de clases e a integración do proletariado no sistema.

    1. Conxunto de poder e influencia dos capitalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO