"SS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 368.

    1. Relativo ou pertencente ao Chokeriano.

    2. Estado e idade do Namuriano de Inglaterra (Mississippiano Superior), situado enriba do Arnsberxiano e baixo o Alportiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uso deportivo da bicicleta. A práctica do ciclismo distingue cinco modalidades esenciais: o ciclismo por estrada, o ciclismo en pista, o ciclocross, o trial e a bicicleta de montaña ou mountain bike.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore ximnosperma do xénero Cupressus, da familia das cupresáceas, que presenta un tronco recto, casca fibrosa con estrías, follas con forma de escama de cor verde escura cun suco no revés. As piñas masculinas teñen forma ovoide e as piñas femininas son redondas e de escamas leñosas. A madeira é de cor parda amarelenta e aromática, e empregouse para a fabricación de barcos.

    2. Árbore ornamental moi frecuente.

    3. Árbore de casca rubia que se desprende en anacos.

    4. Árbore de follaxe verde escura e cheiro resinoso, con piñas, frecuente nos cemiterios e nos pazos.

    5. Árbore con porte cónico, casca grosa fibrosa e de cor cinsenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos circuncelións.

    2. Individuo do movemento dos circuncelións.

    3. Movemento social e político, formado no N de África por grupos de campesiños oprimidos que resistiron contra o poder romano e a Igrexa católica (ss IV e V d C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao alfabeto e á escritura eslava, que se creou sobre a base da escritura maiúscula grega (ss IX-X). Converteuse no alfabeto civil ruso e, tamén o usan as linguas ucraína, serbia e búlgara. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde do Císter.

    2. Monxe da orde do Císter.

    3. Estilo arquitectónico difundido pola orde cisterciense que marcou a transición entre o románico e o gótico (ss XII e XIII) que se caracterizou pola simpleza e austeridade, e o emprego da pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido líquido moi oloroso que constitúe parte do aceite do lemon grass e que se emprega na síntese da vitamina A e en perfumaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldados de mariña romanos que se recrutaban ao principio do Imperio entre os escravos que procedían da familia imperatoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado armado cunha coiraza. Nos ss XVI e XVII constituíron a cabalaría pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO