"Rose" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 236.

  • Articulación ósea dotada de gran mobilidade e caracterizada polo feito de posuír unha cavidade con líquido sinovial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea que se caracteriza por unha erupción de vesículas na palma e nas caras laterais dos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das droseráceas.

    2. Planta da familia das droseráceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das nepentais, que presenta adaptacións foliares para a captura de insectos que precisan para obter nitróxeno e fósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea, da familia das asteráceas, densamente cuberta de pelos brancos, con roseta de follas prateadas, carnosas e peludas, e capítulos pequenos de flores amarelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación ósea dotada de gran mobilidade e constituída por unha cabeza esférica que encaixa nunha cavidade. É un tipo especial de diartrose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encaixar.

      1. Tecido fino ornamental que consiste nun calado de fíos cun fondo reticulado, decorado con debuxos de diversa índole.

      2. Encaixe que se realiza a partir dun debuxo previo, feito en papel, e co emprego dun fío de liño branco.

      3. Tipo de encaixe que se realiza no concello de Camariñas. É un derivado dos encaixes europeos, concretamente do tipo dos guipures de palillos. Leva moitos puntos de sprit, que forman estrelas e flores e os fondos son xeralmente de malla cadrada.

      4. Encaixe que se realiza cunha ou dúas lanzadeiras.

      5. Encaixe que se realiza cuns pequenos fusos de madeira de buxo, palillos, que levan o fío envolto, e trabállase sobre unha almofadiña cilíndrica ou cadrada, mundillo, que se adoita apoiar nos xeonllos e que ten fixado un patrón de papel en que aparece o debuxo que se quere realizar.

    2. Reserva monetaria que está formada polos cartos legais que os bancos teñen nas súas caixas e polos depósitos que teñen obriga de reter no banco central. OBS: Tamén se denomina reservas bancarias.

    3. Tipo de diartrose en que as superficies articulares que a forman son unha cóncava e a outra convexa e se dispoñen de forma oposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do sistema nervioso central dos vertebrados que está contido na cavidade interna do cranio, e que comprende as vesículas cerebrais formadas a partir do engrosamento do extremo encefálico do tubo neural. Divídese en prosencéfalo, mesencéfalo e romboencéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, que presenta raíz de gran tamaño, follas dispostas nunha roseta basal da que sobresae un talo florífero, de capítulos sésiles, localizados en posición axilar, solitarios ou en fascículos, con flores liguladas azuis e froitos en aquenios grosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumentar o grosor ou volume de algo.

    2. Debuxar un contorno por riba doutro coa intención de reforzalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de aponeurose, pel e músculos que cobren o cranio.

    2. Protuberancia globular lateral da cabeza dalgunhas eirugas.

    VER O DETALLE DO TERMO