"Ranc" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1409.

    1. Aparato que serve para definir visuais e trazalas simultaneamente sobre a prancha topográfica.

      1. Regra cunha pínnula en cada extremo que se coloca enriba da agulla maxistral para obter marcacións e demoras.

      2. Elemento construído para ser adaptado a unha agulla ou a un repetidor da agulla xiroscópica.

      3. Tipo correspondente a unha alidada acimutal, que grazas á combinación dun prisma e dun espello é idónea para atopar o acimut dun astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne que pertence ao xénero Aloe, da familia das liliáceas, con follas longas e suculentas, xeralmente de marxes espiñentas, dispostas en roseta basal e presentan flores tubulosas, brancas, amarelas ou vermellas, que se agrupan en vistosas inflorescencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.

      1. Relativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que o compoñen.

      2. Individuo do grupo humano alpino.

      3. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia.

    2. Relativo ou pertencente ao piso alpino.

    3. Conxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.

    4. Ciclo oroxénico que abrangue os movementos oroxénicos producidos ao longo dos últimos 225 millóns de anos da historia da Terra, durante as eras Secundaria e Terciaria.

    5. Estilo tectónico baseado nun manto de corremento, encabalgamentos e dobramentos.

    6. Piso propio das altas montañas caracterizado polo predominio dos prados e a ausencia de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Altai, aos altaicos ou ás súas linguas.

    2. Individuo dun pobo turco que habita en Altai.

    3. Pobo turco de Siberia que habita a oblast’ autónoma de Gorno-Altai (Rusia), de tipo mongólico. OBS: Tamén se denomina calmuco montañés ou calmuco branco.

    4. Familia de linguas faladas en Asia Menor, Asia Central, Mongolia e Siberia, formada por tres grandes troncos: o turco, o mongol e o manchuriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.

      1. División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.

      2. Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.

      3. Alternancia, propia das explotacións moi intensivas, practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa.

      1. Disposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.

      2. Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles.

    2. Fenómeno polo que o ciclo biolóxico completo dunha especie comprende dúas xeracións, unha sexual e outra asexual.

    3. Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación do terreo limitada por barrancos e sucada por vales encaixados e profundos.

    2. Grande extensión plana e elevada do fondo mariño.

    3. Resto dunha antiga chaira que ficou illada e desecada.

    4. Antiga chaira que ficou a certa altura a consecuencia de movementos tectónicos.

    5. Grande área plana orixinada por lavas, especialmente basálticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Adubo que consistía nunha mestura de auga e excrementos de animais.

      2. Calquera sal natural de aluminio utilizado para curtir.

      3. Adubo ao aluminio feito con este produto.

      4. Buraco ou tina destinada a almacenar o alume de Rocca.

      1. Sulfato dobre de potasio e de aluminio hidratado, de cristais octaédricos, que se emprega para curtir peles, na purificación de augas, como aditivo alimentario e en medicina como astrinxente.

      2. Calquera dos sulfatos dobres dun metal trivalente e dun metal monovalente isomorfos do alume común.

      3. Sulfato dobre de potasio e aluminio anhidro en forma de pos brancos que ten propiedades astrinxentes e absorbe a humidade do aire.

      4. Composto empregado como mordente en tinturas, no adubo do cromo e en fotografía como fixador.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de aluminio hidratado que cristaliza no sistema monoclínico e se presenta en nódulos e en masas terrosas ou escamosas. É de cor branca e translúcida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato básico de aluminio que cristaliza no sistema trigonal. Atópase en drusas ou en masas granuladas ou compactas, e presenta cor branca ou amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO