"PL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 9237.

    1. Planta herbácea perenne, da familia das acantáceas, de grandes follas lobuladas, de cor verde escura e flores brancas con veas purpúreas, agrupadas  nunha espiga terminal.

    2. Motivo vexetal esculpido, empregado nos capiteis corintio e composto, que representa as follas da planta de acanto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantocéfalos.

    2. Animal do grupo dos acantocéfalos.

    3. Grupo de animais acelomados triploblásticos, vermiformes, de simetría bilateral, sen tubo dixestivo nin aparato circulatorio nin respiratorio, endoparasito de hospedeiros mariños e continentais. Teñen unha trompa anterior retráctil, provista de ganchos cos que se fixan nos intestinos dos hospedeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos acantodios.

    2. Peixe fósil da orde dos acantodios.

    3. Orde de peixes fósiles da subclase dos placodermos que viviron no Paleozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor ou hiperplasia cutáneos benignos producidos por un desenvolvemento excesivo da capa espiñosa de Malpighi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción anormal e excesiva de espiñas, que presentan algunhas plantas parasitadas por fungos.

    2. Modificación patolóxica das capas espiñosas da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acaparar.

    2. Delito que consiste en reter mercadorías, en sentido amplo, en cantidade superior ás necesidades co obxectivo de encarecelas no mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección das plantas ocasionada por ácaros parasitos.

    2. Afección das abellas producida polo ácaro Acarapis woodi, que vive no interior das traqueas respiratorias.

    3. sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ácaros.

    2. Arácnido da orde dos ácaros.

    3. Orde de arácnidos integrado por animais de corpo a miúdo aplanado, sen segmentación visible nos representantes superiores, con catro ou dous pares de patas nos adultos e tres nas larvas, e co cefalotórax ou prosoma xeralmente fusionado co abdome ou opistosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causa asignada a feitos ou acontecementos fortuítos dos que se descoñece a causa real e que son inexplicables.

    2. Denota a posibilidade ou dúbida daquilo que se di.

    3. Indica, nas construcións interrogativas negativas, que o contido destas é certo e nas interrogativas afirmativas, que non o é.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acompaña ou depende do principal.

    2. Anexo ou complemento dunha cousa que non constitúe o corpo principal.

    3. Adorno, ornamental ou funcional, que acompaña as pezas de vestir.

      1. Dispositivo que se monta nunha máquina para modificar o seu funcionamento básico.

      2. Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar o seu funcionamento.

    4. Obxecto ou dereito que acompaña a outro principal, do que depende a súa existencia.

    5. Cada un dos pequenos elementos que completan o paramento da decoración, usados especialmente a efectos de composición.

    6. Mineral que se atopa formando parte dunha rocha en pequenas cantidades.

    7. Unidade lingüística morfoloxicamente independente, cunha significación que só aparece en combinación con outras unidades, adoitando por isto ser incapaz de presentarse soa nunha comunicación axeitada.

    VER O DETALLE DO TERMO