"Dios" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 598.

  • Espora, propia dos fungos da subdivisión basidiomicotina, que se produce nun basidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce basidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos escolopácidos, robusta, de peteiro longo e recto, e plumaxe críptica. que vive tanto en medios húmidos costeiros como en turbeiras de montañas.

    2. Becacina que habita en humidais de auga doce ou salobre con abundante cobertura herbácea.

    3. Becacina que aniña no N e L de Europa.

    4. Becacina que aniña no N de Europa e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre municipal dotada de gardas que vixiaban os campos contiguos á cidade e que contiña a campá empregada para convocar os cidadáns á asemblea ou advertilos de incendios ou doutros perigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos beloniformes.

    2. Peixe da orde dos beloniformes.

    3. Orde de peixes mariños da subclase dos actinopterixios que conta con individuos excelentes nadadores, voraces e carniceiros, que posúen aletas de radios brandos e escamas cicloideas moi pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que procura unha vantaxe, unha utilidade, unha satisfacción ou que é favorable ou conveniente.

      1. Aquilo que se axusta ao que se considera moralmente bo.

      2. Aquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade ou unha carencia.

    2. Aquilo material ou inmaterial que se pode posuír.

    3. Persoa á que se lle quere moito. OBS: Neste uso debe ir precedido de posesivo.

      1. Todo aquilo do que se pode dispoñer xuridicamente para obter un proveito ou unha utilidade.

      2. Ben aproveitado e de uso exclusivo da comunidade de veciños do concello onde se atopa.

      3. Ben perceptible por calquera dos cinco sentidos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actividade de quen axuda aos que non dispoñen de medios dabondo para cubrir necesidades básicas.

    2. Organización que ten como obxectivo a protección e o auxilio dos desvalidos mediante a asistencia médica e establecementos de albergue.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bericiformes.

    2. Peixe da orde dos bericiformes.

    3. Orde de peixes da clase dos actinopterixios que presentan os ollos moi desenvolvidos e gran número de radios nas aletas pelvianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina antiga de guerra empregada para lanzar proxectís nos asedios.

    2. Arma ofensiva constituída por un arco cunha corda colocada en sentido transversal e disposta sobre un mango ou soporte de madeira.

    3. Resorte que traballa en flexión, e que adoita estar constituído por unha serie de follas ou láminas, planas ou lixeiramente arqueadas de aceiro resistente e elástico.

    4. Trampa para aves que consiste en dúas semicircunferencias de arame, unidas por un eixe diametral rodeado por un resorte.

    5. Instrumento utilizado na Antigüidade para medir a altura dos astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster acrílico que ten unha actividade acaricida e funxicida para os oídios. OBS:Tamén se denomina dapacril.

    VER O DETALLE DO TERMO