"Alón" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 133.

    1. Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de 11 xogadores cada un que teñen como obxectivo introducir o balón na meta defendida polo equipo contrario, para o que se axudan fundamentalmente dos pés, cos que desprazan e guían o balón.

    2. Disciplina deportiva baseada no xogo do rugby.

    3. Modalidade de fútbol que se disputa nun terreo de xogo de 40 m de longo por 20 m de largo, normalmente en recintos cubertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cinta de pasamanaría feita de diferentes tecidos, como seda ou fíos de ouro e prata, que serve para adornar vestidos.

    2. Insignia que levaban no brazo os militares ou calquera forza organizada militarmente e que serve para diferenciar a súa graduación ou distinguir entre as diferentes clases de exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade inglesa de capacidade que equivale a 4,54596 litros.

    2. Unidade estadounidense de capacidade que equivale a 3,78542 litros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer galóns nos vestidos para adornalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tanto que anota un equipo deportivo (de fútbol, balonmán, hóckey) cando na disputa dun partido o móbil de referencia (balón, bóla ou disco) traspasa un segmento delimitado da liña de meta (portaría) defendida polo equipo contrario.

    2. Segmento de recta que delimita un terreo de xogo de determinadas modalidades deportivas por cada un dos seus fondos. No centro dela sitúase a meta ou portaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estandarte ou bandeira que pende dun pau traveseiro e que se empregaba como insignia dunha confraría, un gremio ou unha corporación. Xeralmente é dúas veces máis longo ca ancho e acaba en punta.

    2. Estandarte usado como insignia de guerra durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que porta o gonfalón.

    2. Dignidade ou cargo que outorga a Igrexa a un príncipe ou a outros personaxes, delegados para custodiar o gonfalón da Igrexa romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome industrial dos derivados fluorados, bromados e clorados dos hidrocarburos que se empregan como líquidos extintores e frigoríficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atracción sexual por individuos do mesmo sexo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglución, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons.

      1. Cousa ou ser vivo que ten forma de lingua.

      2. Fungo, da orde das fistulinais, de grandes sombreiros vermellos e a cutícula lisa e viscosa.

      3. Planta herbácea bienal, da familia das boraxináceas, de follas lanceoladas, densamente pelosa, e de flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos.

      4. Fungo, da orde das cantarelais, de sombreiro convexo, cor branca e con aguillóns longos.

      5. Fungo, da familia das teleforáceas, de cor parda escura, sombreiro grande, aguillóns longos e o pé carnoso.

      6. Fungo, da familia das exidiáceas, en forma de masa viscosa de cor branquecina e aguillóns curtos. Pódese comer cru.

      1. Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito que serve para a comunicación. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO